AS CAMPOSEIRAS

 A FEIXOA (Acca Sellowiana)                                       

 

 

Reino: Plantae

División: Magnoliophyta

Clase: Magnoliopsida

Orden: Myrtales

Familia: Myrtaceae

Género: Acca

Especie: A. sellowiana

 

 

Orixe e historia

 

A Freixoa é orixinaria do sur de Brasil (das terras altas do sur), Arxentina e Urugay. A súa expansión se cree que foi por acción dos indíxenas e non de forma natural.  

O botánico alemán Otto Karl Berg nomeouna "feijoa" en honor a João da Silva Feijo (siglo XVIII), director del Museu de História Natural de S. Sebastião, en Brasil.

A nomenclatura "sellowiana" doulla o investigador alemán Friedich Sellow, que explorou Brasil a mediados do século XIX.

Un francés, Edouard André, foi quen a importou a Europa (Riviera francesa en 1890) e o sur de EEUU (1912). 


Na actualidade cultívase en Brasil, Urugay, Colombia, Arxentina, sur dos EEUU, Australia, Nova Zelandia (introducida nos anos 70) , Israel, Francia, Colombia, México e USA. En Galicia adaptouse ben ao clima, sobre todo cerca da costa.

 

En Nova Zelandia o seu cultivo ten moita relevancia, xa que está igual de valorada que o kiwi.

 

 

Tamén é coñecida por outros nomes coma: feijoa, guayaba verde,  ou guayabo do Brasil.

 

 

 

Tipo de planta

 

Especie botánica arbustiva, ramificada, que pode chegar ate os 4m de altura.

A corteza é de cor gris clara, áspera e algo escamosa. Follaxe persistente e ramillas ríxidas.

As follas son simples, opostas, pecioladas, ovoides ou elípticas, coa cor verde oscura e brillante na faz e branquecinas no envés.

As frores teñen 4 sépalos e 4 pétalos de cor branco-rosado, xunto con numerosos estambres con anteras de cor amarela / vermella intensa.

Este arbusto resiste ao frío (non superior a -12º), soporta solos salinizados e ben drenados.

Pode manterse a pleno sol ou en semisombra, a resguardo do vento e precisa de riego semanal.

Non é recomendable a súa poda. Risco de que non produza froita hasta pasados dous anos.

Pode cultivarse a través de semillas, pero é mellor a multiplicación por esquexe ou por acodo (realizado durante a primaveira).


Existen máis de 3000 variedades de freixoas, aínda que a maioría só son ornamentais. As principais variedades son a Triumph e Mammonth (moi cultivadas en Nova Zelandia).


 

 

 

 

Tipo de froito


Baia oblonga con medidas de 4 a 7 cm de longo. Cor verde escura unha vez madura. 

A pulpa é carnosa, de cor branquecina, cun aroma agradable. Pode chegar a conter ate 100 semillas no seu interior.

 

 

 

Propiedades

 

Valor nutricional por cada 100 g

Energía 60 kcal 230 kJ

Carbohidratos 12.92 g

 • Azúcares 8.2 g

 • Fibra alimentaria 6.4 g

Grasas 0.6 g

Proteínas 0.98 g

Tiamina (vit. B1) 0.006 mg (0%)

Riboflavina (vit. B2) 0.018 mg (1%)

Niacina (vit. B3) 0.295 mg (2%)

Ácido pantoténico (vit. B5) 0.233 mg (5%)

Vitamina B6 0.067 mg (5%)

Ácido fólico (vit. B9) 23 μg (6%)

Vitamina C 32.9 mg (55%)

Vitamina E 0.16 mg (1%)

Vitamina K 3.5 μg (3%)

Calcio 17 mg (2%)

Hierro 0.14 mg (1%)

Magnesio 8 mg (2%)

Manganeso 0.084 mg (4%)

Fósforo 19 mg (3%)

Potasio 172 mg (4%)

Sodio 3 mg (0%)

Zinc 0.06 mg (1%)

% CDR diaria para adultos.

Fuente: Feijoa, raw en la base de datos de nutrientes de USDA.

 

 

 

1. É rica en antioxidantes. Axuda a eliminar os radicais libres.

2. Axuda a previr e mellorar os efectos gripais e catarrais, polo alto contido en Vitamina C.

3. Mellora o estado anímico. Combate a fatiga, irritabilidade e axuda a previr a depresión. Isto é gracias aos seus compoñentes sumados á acción da clorofila

4. Favorece á glandula tiroides ao conter Iodo.

5. Mellora as funcións renais.

6. Previene a anemia.Aumenta os glóbulos vermellos no sangue.

7. Estimula a creación dos ácidos estomacais, polo que é un bo dixestivo. Tamén aumenta o apetito.

8. Axuda a previr enfermedades cardiovasculares.

9. Usada en terapias faciais e corporais, icluida na alimentación ou aplicada, xa que a pulpa é un rexenerante da pel, exfolia e hidrata. Por iso hai quen a chama a "foita da eterna xuventude".

 

 

 

Enlaces

 

http://www.feijoa.org.nz/

http://www.opepa.org/index.php?option=com_content&task=view&id=696&Itemid=30

http://es.wikipedia.org/wiki/Acca_sellowiana

http://www.treecrops.org.nz/crops/fruit/feijoa/

ascamposeiras@gmail.com