Conservas artesanais
ascamposeiras@gmail.com

 

 

 

LARANXA AMARGA  

 

 

Reino: Plantae 

División: Magnoliophyta

Clase: Magnoliopsida

Orden: Geraniales

Familia: Rutaceae

Subfamilia: Citroideae

Tribu: Citreae

Género: Citrus

Especie: C. × aurantium''



Orixe e historia:

 

É de orixe asiática, de China e Indochina. Introducíronse en Occidente gracias á cultura árabe.

Carl von Linneo describiu esta especie dentro da súa publicación "Species Plantarum" no 1753.


A palabra en español "naranja" provén do sánscrito "narang". Sen embargo, ate chegar a este nome, sufriu unha serie de alteracións:

Cando empeza a súa comercialización na Idade Media, en países europeos, os portugueses trocaron o "n" inicial por unha "l" (laranja); 

os italianos quitaron esa "l", quedando o nome "arancia"; o pasares ao francés e o latín, relacionouse co lexema "oro" ("or"/"aurum") resultando "orange" e "auratium";

Xa que na Idade Media o idioma de culto en Inglaterra era o francés, ao inglés se incorpora coma "orange".

Posteriormente, co comercio das Indias, Portugal introduciu no século XVI outras variedades de laranxas, éstas doces. Isto provovou que en España se denominaran nun principio coma "naranjas de China" ou "tangerina"(nomes usados a día de hoxe en México ou Caribe),  que acabarían por coller o nome de "naranja", pasando a variedade medieval a "naranja amarga".

En galego evoluciona polo nome portugués a "laranxa".




 

  


Nomes comúns:

 

Laranxeiro,laranxo agrio, laranxo agridulce, laranxo amargo, laranxo bobo, laranxo bravo, laranxo caxel, laranxo chino, laranxo crespo, laranxo de Malta, laranxo de Málaga, laranxo de Portugal, laranxo de sangue, laranxo de froito verrugoso, laranxo de inverno, laranso dos remedios...



Tipo de planta:


Trátase dunha árbore perennifolia, que pode acadar unha altura de 7-8m. Ten unha forma esférica e compacta.

As follas son elípticas, cunha cor verde escura, brillantes e olorosas, co pecíolo alado e abas obovadas.

As frores son bisexuales, brancas, moi olorosoas, denominadas azahar. Florecen a principios da primavera.

A froita diferénciase das outras variedades de laranxas, polo seu aplanamento no base e no ápice, unha cáscara máis áspera e un eixe oco. 

A súa pulpa é amarga e ácida.


Non gostan de zonas venteadas ou con fortes xiadas.

 

 

 

 

Curiosidades:


O laranxo amargo é a especie máis perfumada das 15 comprendidas do xénero citrus, polo que úsase para a fabricación da auga de azahar e do neroli (esencia), empregados en perfumería e alimentación.

As frores úsanse en cosmética, e para a elbaoración da flor de azahar.

O froito úsase en repostería, elaboración de licores, Triple sec e CuraÇao, salsa ou mermeladas.

As follas úsanse en infusión para problemas de tipo nervioso.

O xarope da corteza úsase para tratamentos capilares.


Serve coma portainxertos, debido sobre todo a que é unha especie moi resistente ás enfermidades e condicións do solo.


Variedades:


- Laranxo de Sevilla (ou bigarade)

- Bergamota.

- Laranxo moruno / chinotto.

- Daidai



 

 



Propiedades:


Valor nutricional por cada 100 g (c. sinensis)

Energía 47 kcal 197 kJ

Carbohidratos 11,75 g

 • Azúcares 9,35 g

 • Fibra alimentaria 2,4 g

Grasas 0,12 g

 • saturadas 0,015 g

 • monoinsaturadas 0,023 g

 • poliinsaturadas 0,025 g

Proteínas 0,94 g

Agua 86,75 g

Retinol (vit. A) 11 μg (1%)

 • β-caroteno 71 μg (1%)

Tiamina (vit. B1) 0.087 mg (7%)

Riboflavina (vit. B2) 0.040 mg (3%)

Niacina (vit. B3) 0.282 mg (2%)

Ácido pantoténico (vit. B5) 0.250 mg (5%)

Vitamina B6 0.060 mg (5%)

Ácido fólico (vit. B9) 30 μg (8%)

Vitamina B12 0 μg (0%)

Vitamina C 53.2 mg (89%)

Vitamina D 0 μg (0%)

Vitamina E 0.18 mg (1%)

Vitamina K 0 μg (0%)

Calcio 40 mg (4%)

Hierro 0.10 mg (1%)

Magnesio 10 mg (3%)

Manganeso 0.025 mg (1%)

Fósforo 14 mg (2%)

Potasio 181 mg (4%)

Sodio 0 mg (0%)

Zinc 0.07 mg (1%)

% CDR diaria para adultos.

Fuente: naranja en la base de datos de nutrientes de USDA.


Ten propiedades medicinais:

- Sedante lixeiro.

- Antiespasmódico.

- Dixestivo.

- Rebaixa de procesos febriles.

- Como suplemento dietario, controla a obesidade (supresor do apetito), sempre baixo  supervisión facultativa.


 

 

Enlaces:


http://es.wikipedia.org/wiki/Citrus_%C3%97_aurantium

http://es.wikipedia.org/wiki/Naranja

http://fichas.infojardin.com/arboles/citrus-aurantium-naranjo-amargo-agrio.htm

http://ndb.nal.usda.gov/ndb/