Conservas artesanais
ascamposeiras@gmail.com

 

    NISPERO (Eriobotrya japonica)


 

Reino: Plantae

División: Magnoliophyta

Clase: Magnoliopsida

Subclase: Rosidae

Orden: Rosales

Familia: Rosaceae

Subfamilia: Amygdaloideae1

Tribu: Maleae

Género: Eriobotrya

Especie: Eriobotrya japonica (Thunb.) Lindl., 1821



 

Orixe e historia:

 

É de orixe asiática, máis concretamente do sudeste de China. Introduciuse en Xapón fai xa 1000 anos. Extendeuse á Cuenca Mediterránea, Canarias, Pakistán, Arxentina e incluso Hawai. En Europa sustituiu pouco a pouco ao níspero europeo (Mespilus germanica).

Carl Peter Thunberg e John Lindley describírono no "Transactions of the Linnean Society of London, 13(1): 102", no ano 1821.

Nun principio, o seu uso era meramente ornamental, ate que no 1800 empezouse co seu cultivo. Os xesuitas o levaron ás Illas Mauricio e de aquí a Francia no 1784 e a Italia no 1812.

En España aparece da man do Capitán Roig en Sagunto. De ahí extendeuse por todo o Levante  e Sudeste da Península Ibérica. Hoxe en día, na comarca da Marina Baixa (Alicante) existe a Denominación de Orixe "Callosa d´En Sarriá".

O maior produtor é Xapón, seguido de Israel e Brasil. Outros países produtores son: Turquía, Siria, Líbano, Grecia, Georgia, Armenia, sur de Italia, Malta, Portugal, España, sur de Francia, Nueva Zelanda, norte de África, Uruguay, Chile y Argentina.


Nomes comúns:


En japonés es biwa, en portugués: nêspera o magnório; en gallego: nespereira (árbol), néspera (fruto), níspero en castellano, nespola en italiano, naspla en maltés, naspolya en húngaro, nespra en catalán, nèfle du Japon o bibasse en francés; sheseq en hebreo, askidinya, akkidinya, igadinya o bashmala en árabe, akkadeneh o akka dhuniya en libanés, zger o nor ashkhar en armenio, mushmala en georgiano, mousmoula o mespilia en griego, musmula, yeni dunya, yedi dunya, o Malta erigi en turco. Tanto en armenio como en turco literalmente significa "nuevo mundo."


Tipo de planta:


Hai quen lle chama arbusto ou quen pensa que é unha árbore de pequeno tamaño (entre 3 e 5 mt de altura). É perennifolia, cunha copa redondeada, tronco curto e cortiza gris.

As follas son grandes, simples, alternas, curtamente pecioladas e coa marxe aserrada. A textura é coriácea. Cor verde escura (face) e claro (envés), cuberto por unha densa pubescencia aterciopelada.

As frores, son tirsos, racimos de 3 a 10 frores de cor branca pentámeras, duns 2 cm de diámetro, fregantes, cun cáliz peludo de cor canela. Florecen en outono ou comenzos de inverno.

 

 

Os froitos, son drupas con varias semillas, de forma oval. A pela é de cor amarela ou laranxa, lisa ou pilosa. A pulpa non é moi doce, tirando a un punto de acidez, de cor branca, amarela ou laranxa.

Non gostan de zonas venteadas ou con fortes xiadas.En Galicia é árbore de zona de costa.

 

 

Curiosidades:


- O valor medicinal do níspero xa se coñece dende os tempos de Dioscórides (pai do manual De Materia Medica, principal manual da farmacopea da Antigüidade e Idade Media). Usábase para a pel e as dores de gorxa.


- Nos trópicos poden ter ate tres floracióna ao ano.


Ten propiedades medicinais:

- Vale contra a gastrite, acidez estomacal ou úlcera de estómago.

- Estreñimento: é  rico en fibra soluble.

- É adecuado para a diabete, por conter substancias hipoglucemiantes.

- O extracto das follas úsase contra a bronquite.

- Axuda a coidar a pel por ser ricos en carotenos e vitaminas antiooxidantes.

- Rebaixa os niveis de colesterol.

- É diurético.

 


Propiedades:


Ración 100 gramos:


Energía 47 kcal 195 kJ

Carbohidratos 12.14 g

 • Fibra alimentaria 17 g

Grasas 0.20 g

Proteínas 0.43 g

Agua 86.73 g

Retinol (vit. A) 76 μg (8%)

Tiamina (vit. B1) 0.019 mg (1%)

Riboflavina (vit. B2) 0.024 mg (2%)

Niacina (vit. B3) 0.180 mg (1%)

Vitamina B6 0.100 mg (8%)

Vitamina C 1 mg (2%)

Calcio 16 mg (2%)

Hierro 0.28 mg (2%)

Magnesio 12 mg (3%)

Fósforo 27 mg (4%)

Potasio 266 mg (6%)

Sodio 1 mg (0%)

Zinc 0.05 mg (1%)

% CDR diaria para adultos.

Fuente: níspero crudo, raw en la base de datos de nutrientes de USDA.




Enlaces:


http://es.wikipedia.org/wiki/Eriobotrya_japonica

http://www.ecoagricultor.com/propiedades-nispero/

http://www.botanical-online.com/nispero_propiedades_medicinales.htm

http://www.nispero.com/

http://articulos.infojardin.com/Frutales/fichas/nispero-nisperos.htm

http://ndb.nal.usda.gov/ndb/